HomeCulturaXullo cultural en Quiroga

Xullo cultural en Quiroga

Non se celebrará a parte da Feira do Viño que concentra maior número de persoas: as casetas de venda de viño e o pregón, pero si teremos unha fin de semana de moitas actuacións musicais e culturais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A exposición das botellas dos viños que acudiron á maioría das feiras do viño, acompañadas dos carteis anunciadores, poderá verse novamente na entrada do Auditorio Municipal. Esta exposición presentábase na pasada Semana Santa como lembranza da data na que se tiña que celebrar a feira, servindo de homenaxe aos adegueiros que pasaron polas feiras do viño de Quiroga.

Contando co programa Cultura no Camiño haberá actuación de Festicultores Troup polas rúas da vila, o sábado día 24 a partir das nove da noite.

O domingo 25, coincidindo co Día de Galicia, a unha menos cuarto farase unha recepción aos colectivos culturais do municipio, para a continuación disfrutar dun concerto da Banda de Música Santádega. A actuación, que forma parte do programa “O país das bandas”,  terá lugar diante da casa consistorial. Xa pola tarde, a partir das oito, no parque da Constitución os nenos e nenas terán unha actuación especial, Ramona Órbita, a dona do tempo a cargo do grupo Pakolas. 

Esta fin de semana festiva rematará  con música. Será a Charanga Louband a que recorrerá as rúas da vila quiroguesa rematando os días  que acollerían a Feira do Viño, pero abrindo o verán cultural de Quiroga que acollerá numerosas actuación para todos os públicos durante o mes de agosto.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...