HomeCulturaXa á venta as entradas solidarias do Trece Roeis Fest 2021

Xa á venta as entradas solidarias do Trece Roeis Fest 2021

O 21 de agosto actuarán en Pantón, no Trece Roeis, Sés, Gin Toni’s, Xabier Vizcaíno e Fuego Street Band.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As pulseiras que servirán de entrada e que se poden reservar en woutick.es saen da man dunha colaboración moi especial coa Asociación Ruliños Terras de Lemos, entidade sen ánimo de lucro para nenos e nenas con necesidades especiais. Por cada pulseira que se venta do festival por valor de 2€, Ruliños recibirá 1€ de colaboración. Nace así unha colaboración entre asociación coa que se busca que teña continuidade no tempo. Pódense adquirir pulseiras sen ter que reservar entrada para o Festival e mantendo a mesma colaboración coa asociación.

O cartel deste ano contará o día 21 de agosto en Pantón, ademáis de Sés, con Gin Toni’s, Xabier Vizcaíno e Fuego Street Band.

Para adaptarse ás normativas sanitarias da pandemia, a organización do Festival agradece chegar ao recinto co tempo suficiente para a toma de temperatura e acomodo. As portas abriranse ás 19.15 e o desaloxo fíxase na 01:35. A máscara será obrigatoria en todo momento, agás cando se consuma na cadeira.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...