HomeCulturaMúsica e maxia para esta finde en Ribas de Sil

Música e maxia para esta finde en Ribas de Sil

Dentro da programación cultural de verán, o sábado 7 haberá un concerto e o domingo 8 unha actuación de maxia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Seguindo coa programación que cada verán deseña o Concello de Ribas de Sil para amenizar as fins de semana na contorna da súa Praia Fluvial de San Clodio, estes días pódese aproveitar para gozar dun concerto e dunha actuación de maxia.

O sábado 7 actuará David Prado coa súa formación en trío acústico. Un repaso aos temas do seu último disco “Unha viaxe perfecta”, no que abrangue os puntos cardinais do amor, a felicidade e o desamor. Será ás 20:00 h. no anfiteatro da Praia Fluvial.

Na mesma ubicación e á mesma hora, o domingo 8 estará Mago Paco co seu espectáculo “Hocus Pocus”. Trátase dun espectáculo de maxia infantil cheo de risas, cor e moitas sorpresas. Unha proposta moi participativa que fará pasar intres moi divertidos ao público.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...