HomeCulturaLuís Piedrahita 'pon o ramo' ao Sarria Sorrí 2021

Luís Piedrahita ‘pon o ramo’ ao Sarria Sorrí 2021

A II Edición do ciclo de humor 'Sarria Sorrí' remata o 14 de agosto. Ese día actuarán Pedro Brandariz pola mañá e Luís Piedrahita pola tarde. Para este segundo espectáculo cómpre pasar por taquilla.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado, 14 de agosto, finaliza ao grande a II Edición do Sarria Sorrí con dous espectáculos, un para público infantil en horario de mañá, e outro pola noite para público adulto.

O primeiro, para os máis peques, terá como protagonista ao coñecido clow e narrador oral Pedro Brandariz. Será de balde e realizarase na Praza de Santa Mariña ás doce.

Ás 21:00 h. e cun espectáculo para todos os públicos, toma protagonismo o gran Luís Piedrahita cun dos éxitos deste ano en Madrid. Directamente desde a Gran Vía Madrileña á Praza de Santa Mariña de Sarria chega un dos humoristas máis recoñecidos do estado polo seu particular estilo que se caracteriza polas súas brillantes e detalladas descricións do cotián.

Venda de entradas en Estanco Gallego, Casino, Meigallo e en Ataquilla.com

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...