HomesociedadeHomenaxe a Matías Moreno en Sarria

Homenaxe a Matías Moreno en Sarria

O polifacético artista sarriao, que perdeu a vida nun accidente de tráfico a finais do pasado 2020, será lembrado os días 19 e 20 cunhas xornadas bautizadas como “Matías Moreno Experience”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Matías Moreno foi fotógrafo, músico, poeta, mestre, viaxeiro, ecoloxista, montañista… unha desas persoas que se apaixonan por todo canto nos ofrece a vida e que proxectan esa paixón aos demais. Unha mente inqueda e aventureira, engaiolado tamén pola natureza.

Como músico chegou a editar os seus propios discos, compostos por el, e deu clases a varias xeracións de mozos e mozas de Sarria. Neste eido foi moi activo, organizando tamén encontros e concertos.

Pegoulle ben á fotografía e fixo incursións no eido audiovisual con traballos sobre as súas viaxes, exerceu de divulgador do Courel organizando rutas de sendeirismo coa Asociación Teixo e foi máis alá tamén practicando alpinismo aquí e alén das nosas fronteiras.

E foi nunha desas viaxes, nas que gozaba coas súas afeccións, cando perdeu a vida por mor dun accidente de tráfico. Foi o pasado 17 de decembro do 2020, cando estaba en Canarias cun proxecto de escalada e fotografía.

XORNADAS ‘MATÍAS MORENO EXPERIENCE’

As súas amigas e os seus amigos, como lembranza a todo o que significaba para Sarria e a veciñanza, organizaron unhas xornadas culturais e musicais na súa honra que se celebrarán na Sociedade Recreativa A Unión os días 19 e 20 de agosto.

O día 19 inaugurarase ás sete da tarde, unha exposición fotográfica sobre Matías e a súa obra.

O día 20, a partir das 11:00 h, terán lugar os coloquios sobre a figura de Matías e a primeira sesión musical –sesión vermú– a cargo dos grupos folk Os Variables e Dirindainas.

Pola tarde, a partir das 17:00 h, seguirán os concertos de homenaxe coas bandas “Proyecto Valley”, “Os netos de Matias”, “Malditos Roedores”, “Flying Boogaloos”, “Sound Sisters”, “Os estramonchos”, “Los secos”, “Taninos Maduros Jazz Band”, “Eladio y los Míticos”, “Voltarém”, “Me Da Igual”, “EOAS”.

A maioría dos integrantes destas bandas foron compañeiros de Matias Moreno en distintas formacións e ex-alumnos do artista sarriao, que foi quen lles facilitou o seu primeiro achegamento á guitarra e á cultura da música popular en xeral.

O acceso a estas xornadas será gratuito e limitado ate completar aforo e na organización das xornadas colaboran, ademais da Sociedade Cultural A Unió, a Asociación Teixo e o Concello de Sarria.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...