HomeCulturaO Festival dos Eidos regresa este venres á aldea de Parada

O Festival dos Eidos regresa este venres á aldea de Parada

O Festival dos Eidos regresa hoxe despois de que o ano pasado tivese que ser suspendido a raíz da pandemia. Para a recuperación desta cita, a Fundación Uxío Novoneyra conta coa colaboración da Xunta de Galicia, que apoia o seu cartel de concertos a través da convocatoria de subvencións a festivais profesionais de música.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Festival dos Eidos incorpórase por vez primeira este ano á lista de citas subvencionadas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade a través das axudas a festivais do sector musical. En concreto, é un dos 19 eventos adxudicatarios da convocatoria de 2021, dotada con 340.000 euros e que introduciu unha serie de modificacións nas bases para facilitar a adaptación destes encontros ao contexto.

A nova edición do Festival dos Eidos, comezou esta tarde coa inauguración da videoinstalación Visións inéditas na Casa-Escola de María Mariño, ofrece unha decena de citas musicais de moi diferentes estilos. Hoxe mesmo actuarán no escenario da horta Davide Salvado, Califato DJ Set e Dj Tristón. No cartel, figuran, así mesmo, os concertos de Eladio & Uka, Román Gutiérrez, Xico de Cariño, Babykatze e Xavi B vs. Sergio Canay mañá sábado e de Su Garrido Pombo e Xabi B o domingo.

O Festival dos Eidos forma parte da rede europea Litfest e, entre outros galardóns, foi premio do Público en Culturgal en 2019 e ao Mellor Festival nos Iberian Festival Awards en 2020. 

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...