HomeCulturaConcerto homenaxe para pechar a exposición de Manuel Jorge

Concerto homenaxe para pechar a exposición de Manuel Jorge

O concerto de piano e violín estará a cargo dos irmáns Manuel, Luis e Javier López Jorge, acompañados de María Victoria Jericó. A cita, o venres 3 de setembro ás 20.30 no Auditorio Municipal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


A última fin de semana de apertura da exposición Manuel Jorge, seis décadas de reatratos, a Asociación Amigos de Manuel Jorge de Chantada celebra un concerto homenaxe de violín e piano a cargo de Manuel, Luis e Javier López Jorge, familiares do artista, acompañados de María Victoria Jericó.

O concerto celébrase o venres, 3 de setembro, ás 20.30 no Auditorio de Chantada. Non é a primeira vez que os irmáns López Jorge homenaxean ó pintor, quen siempre apoiou a carreira musical dos seus sobriños netos. No 2016 e 2018 xa ofreceron un recital en Chantada, coincidindo coas exposicións retrospectivas que lle adicaron ó autor. Nesta ocasión o programa inclúe obras de Debussy, Béla Bartók e Bach.

O concerto conta coa colaboración do Concello de Chantada. A entrada é libre pero o aforo do Auditorio está limitado polas restricións da pandemia polo que se recomenda reservar un asento na web manueljorge.com/homenaje.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...