HomeCulturaManuel Jorge terá un museo en Chantada de arte contemporáneo

Manuel Jorge terá un museo en Chantada de arte contemporáneo

A Asociación Amigos de Manuel Jorge de Chantada anunciou nun auditorio cheo para a homenaxe ó artista a adquisición dunha vivenda histórica no Cantón chantadino para crear un Centro de Artes que conserve a súa obra e sirva de motor cultural da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Cun auditorio completo, así comezou a homenaxe celebrada no auditorio de Chantada ó artista e arquitecto Manuel Jorge, falecido en maio do 2020. A pandemia impedira este recoñecemento hai un ano, e máis de cen chantadinos, o máximo de aforo permitido, sumáronse a este evento que contou con imaxes inéditas gravadas con Manuel Jorge e o concerto de música clásica a cargo de Luis, Javier e Manuel López Jorge, acompañados da violinista Mª Victoria Jericó.

Foi unha velada emocionante, na que Mercedes Vázquez, a presidenta da Asociación Amigos de Manuel Jorge de Chantada, anunciou a adquisición dunha vivenda no casco histórico para convertela nun museo de arte contemporáneo. Vázquez explicou que «era o soño de Manolo e agora tócanos soñar por el, e sobre todo actuar por el», destacando que o artista deixara o legado pictórico á Asociación e recursos para poñer este proxecto en marcha. «Pero non podemos facelo sós, precisaremos da implicación da veciñanza, dos colectivos culturais e sociais da comarca e sobre todo, das institucións», explicou.

Exposición Manuel Jorge / Asociación Amigos de Manuel Jorge

De momento non se avanzaron máis detalles sobre a casa, agardando a que toda a documentación estea asinada, pero o acordo cos propietarios é firme e dende a Asociación queren tero proxecto definido antes de que remate o ano. Mentras, seguirán traballando para poñer en valor o legado artístico de Manuel Jorge, ofrecendo as exposicións que teñen en catálogo en itinerancia, como a de Manuel Jorge. Seis décadas de Retratos, que está na súa última fin de semana en Chantada.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...