HomeCulturaA Banda de Merza este sábado no Multiusos de Monforte

A Banda de Merza este sábado no Multiusos de Monforte

O espectáculo forma parte do ciclo O País das Bandas da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, xunto coa Federación Galega de bandas de Música Populares e conta coa colaboración do Concello de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte, dentro da súa programación cultural do mes de setembro, organiza para este sábado, 18 de setembro, ás 20:00 horas un concerto a cargo da Banda Artística de Merza, que terá lugar no auditorio do Edificio Multiusos.

O País das Bandas é un programa de máis de noventa concertos por toda Galicia de bandas populares coa finalidade de apoiar a estas formacións, que son a base da nosa cultura e dinamizadoras culturais de gran valor.

A entrada a este concerto é gratuita ata completar a capacidade do local seguindo a normativa sanitaria no momento da actuación. As entradas entregaranse dende as 19:00 h e o acceso ó salón de actos realizarase ás 19:40 horas.

ÚLTIMAS

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...