HomeCulturaContos para animar á lectura en Sarria

Contos para animar á lectura en Sarria

A Biblioteca Municipal Camilo Gonsar acolle un conta contos este venres 24 de setembro ás 17:30 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sarria convida á cativada a participar nunha actividade para o fomento da lectura que se desenvolve dentro do ciclo ‘Ler conta moito’ e que chega este 24 de setembro á vila. A devandita actividade leva por título: “Amadeo e as historias do galiñeiro”, unha proposta da compañía de teatro Señora Supina.

A sesión de narración oral achegaralle ao público as vivencias de Amadeo, un señor que ten unha granxa que é o seu verdadeiro orgullo. Galiñas, coellos, cans, vacas, ovellas… Pasa todo o día rodeado de animais con historias e vivencias das que aprender moito.

A actividade organizada polo concello desenvolverase na Biblioteca Camilo Gonsar este venres 24 de setembro ás 17:30 h. O ciclo ‘Ler conta moito’ está financiado pola Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...