InicioCultura8 actividades teatrais para o último trimestre do ano en Monforte

8 actividades teatrais para o último trimestre do ano en Monforte

O concello deu a coñecer a súa programación teatral para o último trimestre que traerá á cidade do Cabe 8 representacións entre os meses de outubro e decembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Catro destas representacións teatrais forman parte do circuíto da Rede de Teatros de Auditorios, no que colaboran o Concello de Monforte de Lemos e a Xunta de Galicia.

  • O 7 de outubro de 2021,  La Quintana porá en escena a obra O Premio.
  • O 21 de outubro será a quenda de Teatro Do Noroeste, que porá en escena a obra As Virxes Salvaxes.
  • En novembro, o día 4, achegarase a Monforte a compañía Elefante Elegante que representará a obra Dreaming Juliet.
  • O ciclo destas catro representacións finaliza o 2 de decembro coa posta en escena da obra Insubmisión a cargo da compañía Teatro do Andamio.

As catro representacións do último trimestre de 2021 da Rede Galega de Teatros e auditorios serán os días sinalados ás 20:15 no Edificio Multiusos. A entrada ten un custo de 5 € e para estudantes, desempregados e xubilados de 3 €.

Dentro do Ciclo de Teatro Afeccionado, o 12 de decembro ás 18:00 h na Casa da Cultura Lois Pereiro o grupo Alentía Teatro representará A Escada dos Contos, representación con entrada gratuíta dirixida a un público infantil e familiar.

Dentro do Ciclo de Teatro Profesional o grupo Teatro Marionetas Trécola representará o 28 de decembro ás 18:00 no Edificio Multiusos a obra A Saga de Flin Havardr. Esta representación dirixida a un público infantil e familiar tamén será de entrada gratuíta.

O Centro Dramático Galego representará a obra O Charco de Ulises o xoves 18 de novembro ás 20:15 no edificio Multiusos. A entrada para asistir a esta representación terá un custo de 5 € e de 3 € para estudantes, desempregados e xubilados.

O xoves, 25 de novembro, na Casa da Cultura, Avelino González porá en escena a obra A todo risco con entrada gratuíta. Esta representación está organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Monforte de Lemos en colaboración coa Fundación Vicente Risco.

O Alcalde salienta que “é moi importante para unha cidade coma a nosa poder volver a disfrutar do teatro, a través destas 8 obras, que nos permitirán ir recuperando a normalidade, toda vez que segue baixando a incidencia da pandemia. Dende o Concello, agardamos que os monfortinos e monfortinas acudan e disfruten de todas estas representacións”.

ÚLTIMAS

Unha apertura de portas nun encoro pon en perigo a dous pescadores en Carballedo

Os pescadores puideron saír polos seus propios medios despois de pedir axuda ao 112...

Primeira xuntanza sobre “Comunidades de Montes Veciñais e en Man Común, Montes de Saberes”, o 24 de abril ás 16:30 no auditorio de Escairón

A actividade enmárcase no proxecto Comunidades Rurais Sostibles desenvolvido por Acción contra a Fame...

Os libros protagonizan varias actividades en Bóveda

O programa Ler Conta Moito trouxo este martes ata o Centro Sociocultural de Bóveda...

Mes dos Libros e das Letras Galegas na Biblioteca Municipal de Chantada

A primeira proposta será o 26 de abril ás 18:00h con Conta e canta...