HomeCulturaPresentación do primeiro poemario de Juan Labaredas para abrir a programación de...

Presentación do primeiro poemario de Juan Labaredas para abrir a programación de outono do Ateneo

Este venres, 1 de outubro, ás 20:30, o Ateneo Casino acollerá un acto poético no que o escritor, Juan Labaredas, presentará o seu primeiro poemario, titulado De Visu, Ese enigma inalcanzable.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Juan Labaredas, heterónimo de Juan Manuel Rodríguez Pérez, é natural de Sober aínda que actualmente é veciño de Monforte de Lemos. Lector voraz, escribe dende os 13 anos, aínda que sen chegar a publicar.

Agora, baixo o selo Peruchela Edicións, saca á luz un poemario, unha colección de ‘instantes apresados’, inspirados na realidade cotiá. De Visu é unha lectura coa que o autor busca suscitar ‘a reflexión sobre nós mesmos e as nosas debilidades, coa parodia persoal como elemento vertebrador’.

Na presentación participarán a editora, Rocío Rodríguez e Marina Doutón,
amiga do autor. Convidarase aos asistentes a un petisco cun viño da adega
Terra Brava. O acto estará aberto á participación de quen se anime a recitar algún poema. A asistencia é libre, previa reserva no teléfono 648 435 033.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...