HomeCulturaQuiroga celebra o Día das Bibliotecas "Cantando con Pinocho"

Quiroga celebra o Día das Bibliotecas “Cantando con Pinocho”

O sábado, 23 de outubro, para celebrar o Día das Bibliotecas; a Casa da Cultura de Quiroga acollerá o espectáculo de animación infantil , con música en directo “Cantando con Pinocho”, a cargo de Rigoletto Teatro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Fada de Cabelos Turquesa do conto de Pinocho será a encargada de contar o conto cantando en directo as cancións compostas para a adaptación da obra teatral de Pinocho, que actualmente xira por Galicia. Cancións que tratan temáticas como a liberdade, a amizade ou a importancia de perseguir un soño.

Unha porta aberta a unha emocionante aventura que amosará un camiño cheo de sensibilidade do que poderán disfrutar os nenos e nenas que se acheguen ata a casa da cultura o sábado a partir das sete da tarde.

Este espectáculo, que forma parte das actividades organizadas polo Concello de Quiroga para este derradeiro trimestre do ano, está  subvencionada  pola Secretaría Xeral de Cultura  a través do programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia no que participa o concello .

ÚLTIMAS

“Diversidade, autenticidade e carácter”, os tres trazos que lle outorgou Javier Olleros aos aceites de Quiroga

Quiroga vén de celebrar a exaltación do seu ‘ouro verde’ e suma un novo...

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...