HomeCulturaCultura emocional e popular 'debaixo dun piñeiro'

Cultura emocional e popular ‘debaixo dun piñeiro’

Trátase dunha iniciativa da activista cultural e artesá Mónica Piñeiros que terá lugar o sábado 23 de outubro en Piñeiros, A Pobra do Brollón.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

“A idea central do acto é xuntarnos arredor da memoria dun piñeiro que viu pasar por diante del xeracións de galegos, xentes humildes que traballaban e padecían os poderes, pero que tamén eran felices e vivían as súas vidas con dignidade e plenitude”. Así se expresa Mónica ‘de Piñeiros’ para resumirnos cal foi o xermolo desta actividade.

O lugar escollido, o escenario onde terán lugar diferentes achegas artístico-culturais, será o devandito piñeiro sendo a intención en cada edición –pensando en que teña continuidade– que se lle dedique o acto a unha veciña ou veciño cuxa vida transcorreu e/ou transcorre arredor ou preto dese piñeiro. Nesta edición rememórase a existencia dunha muller, Hermitas Castro, ‘A Tula. Unha veciña de Piñeiros.

No acto, ademais deste acto central que lle dá senso á xuntanza arredor da memoria do piñeiro, realizaranse unha serie de actividades relacionadas coa música, a poesía… Será, en palabras de Mónica, unha “xornada de convivio, de achegamento para conformar o que nós coñecemos como cultura emocional”.

Os/as participantes que intervirán farano sen cobrar nada, “porque se trata de establecer un contacto entre persoas con amor á cultura, simplemente iso… actos de cultura libre, que non están subvencionados por ningunha entidade e polo tanto obedecen a un principio de autoxestión e a un principio de liberdade profunda”, remarca ‘De Piñeiros’ ao tempo que traslada o agradecemento a toda a xente participante.

PARTICIPANTES

O acto será o sábado 23 de outubro ás 17:00 h. no lugar de Piñeiros, no Concello da Pobra do Brollón, e participarán: Lois Diéguez, Caruncho, Suso Bahamonde, Xico de Carinho, Bruxo Queiman, Olga Novo e Mónica de Piñeiros.

ÚLTIMAS

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...