HomeCulturaDiálogos coa obra de Xosé Lois García abre este venres os actos...

Diálogos coa obra de Xosé Lois García abre este venres os actos da Libraría da Proencia

O acto comeza ás 19 horas dentro da igrexa de Pinol, recentemente restaurada, coas pinturas de inicios do século XVI, e contará con intervencións musicais dos Parentes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No encontro con Xosé Lois García afondarse en dúas das súas obras publicadas neste ano 2021:

  • A pintura maniesrista en Sober. Xosé Lois García analiza á luz da simboloxía as pinturas murais das igrexas soberinas de Pinol, Proendos, Lobios e Bolmente nunha coidada edición con fantástica fotografía de Fran Rodríguez Luaña.
  • Alefato. Poesía seguindo as vinte e dúas consoantes hebreas. Reflexión filosófica e reivindicación da cultura xudea galega, con parada poética tamén na zona, en Monforte e Chantada.

Contarase coa presenza de Alfonso Blanco Torrado, editor de gran parte da obra de García e un dos grandes da Cultura galega. A actividade é gratuíta, e agradécese confirmar asistencia en pedidos@proencialibros.com ou 67493880. É obrigatoria máscara. Os libros estarán dispoñibles na tenda on-line d’A LIBRARÍA DA PROENCIA, pero xa se poden reservar.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...