HomeCultura"Música no outono" trae a Sober ao violinista Miguel Múñiz

“Música no outono” trae a Sober ao violinista Miguel Múñiz

O concello de Sober e as Xuventudes Musicais de Sober organizan para o vindeiro sábado, 30 de outubro, dentro do ciclo ‘Música no Outono’ un concerto de violín a cargo de Miquel Múñiz, quen vai estar acompañado polo pianista Lluís Rodríguez Salvá. A actuación será ás 19:00 horas no Centro Sociocultural con entrada gratuíta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En Fogos artificiais para violín os asistentes escoitarán algunhas das obras máis espectaculares, virtuosas e emotivas do S.XX. Grandes compositores universais como Prokofiev, Ravel ou Falla puxeron a mercé do violín o seu gran enxeño e creatividade. Infinidade de cores e recursos técnicos despréganse nestas pezas.

Miguel Múñiz nace en Riudarenes (Xirona) en 2001, despois dunha infancia adicada á música, aos dezaseis anos comeza os estudos de Grao Superior no Conservatorio do Liceu de Barcelona bolseiro pola Fundació Ferrer- Salat onde os finalizará este curso baixo a mestría de Corrado Bolsi. Alumno regular de Pavel Vernikov e Svetlana Makarova na Haute École de Musique de Lausanne como alumno de intercambio e na Academia Tibor  Varga de Sion (Suíza) participou en diferentes festivais de Alemaña, Andorra, España, Italia, Portugal, Romanía, Rusia, Suecia, Suíza e Turquía.

Premiado en máis de vinte concursos nacionais e internacionais destacan os primeiros premios no XCVI Concurso Permanente de Mocidades Musicais de España (Madrid, 2020), no VI Odin  International Music Competition (2021), no Concurso de Forum Musikae Valencia (2020), no IV Concurso de Violín de Barcelona (2019), no I Concurso Álvaro Parella ( Iniesta, 2018), no  XVII e XVIII Concurso Instrumental Sant Anastasi (Lleida 2017 e 2018) e no XVIII Concurso de Novos Intérpretes Ciudad de Xàtiva (2018).

Programa

  • Claude Debussy: Beau Soir
  • Béla Bartók: Seis Danzas Rumanas
  • Manuel de Falla: El Amor Brujo (I. Pantomima, II. Danza Ritual del Fuego
  • Karol Maciej Szymanowski: Nocturno & Tarantella
  • Eduard Toldrà: Sonetí de la Rosada
  • Nikolai Rimski-Kórsakov: Le coq d’Or Fantasy
  • Joan Manén: Danza Ibérica n.2
  • Maurice Ravel: Tzigane

ÚLTIMAS

“Agosto astronómico” para o turismo en Chantada

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Chantada recibiu 5.365 visitantes no pasado...

O viños da Ribera Sacra na Barcelona Wine Week do 2 ao 4 de febreiro

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra participará por segundo ano consecutivo...

Do 2 ao 13 de febreiro Monforte convoca concurso de axudas para a confección de traxes medievais

O Concello ten solicitado a declaración de Feira de Interese Turístico Galego para esta...

‘El Monasterio de San Vicente del Pino y su colección diplomática’, interesante charla histórica en Monforte

A Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos acolle o venes...