HomeCultura'Piperegrinos' chega a Sarria

‘Piperegrinos’ chega a Sarria

“Piperegrinos, as gaitas do Camiño” é un espectáculo no que se resalta a importancia da gaita como instrumento representativo das culturas europeas convidando aos espectadores a unha viaxe sonora a través das diferentes gaitas ibéricas. A actuación será ás 19:00 h. na Sociedade Recreativa A Unión.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sarria acollerá na Sociedade Recreativa a Unión o vindeiro sábado 30 de outubro, ás 19:00 horas, un encontro de destacados gaiteiros da península ibérica a través do acontecemento “Piperegrinos, as gaitas do Camiño”.

Promovido pola Xunta de Galicia no marco da celebración do Xacobeo 2021-2022, trátase dun espectáculo musical itinerante que por primeira vez reúne no mesmo escenario a destacados gaiteiros da Península Ibérica cunha longa e recoñecida traxectoria artística profesional.

“Piperegrinos, as gaitas do Camiño” resalta a importancia da gaita como instrumento representativo das culturas europeas ao tempo que invita aos espectadores a unha viaxe sonora a través das diferentes gaitas ibéricas, coas que representar o importante intercambio cultural que se produciu nos distintos camiños de peregrinación a Santiago.

Trátase ademais, dun espazo de difusión e posta en valor das diferentes gaitas ibéricas e dos seus repertorios nun formato actual achegado á música folk e dirixido a todos os públicos, no que tamén ten cabida o público especializado.

GAITEIROS

O programa Piperegrinos incluirá a participación de 6 intérpretes de gaita que actuarán en formacións trío e dúo, coa participación de 17 músicos.

Os gaiteiros que intervirán neste acontecemento son: Francesc Sans, co instrumento sac de gemecs, de Catauña, acompañado de Manel Martorell, mandola, e Titus Prats, percusión; Adrián Gil, coa gaita de boto, dese Aragón, acompañado de Alberto Navas, violín, e Serchio Pardos, guitarra, percusión; José Manuel Tejedor, coa gaita asturiana, desde Asturias, acompañdo de Richard García, teclado, e Daniel Álvarez, bouzouki, bodhran; Luis Antonio Pedraza, con gaita sanabresa, desde Castela e León, acompañdo de Carlos Beceiro, guitarra, e Miguel Mateos, tambor sanabrés; Tiago Morais, intérprete da gaita mirandesa e gaita de sesimbra, desde Portugal, acompañado de Tiago Marques, acordeón e cavaquinho; e Oscar Ibáñez, gaita galega, de Galicia, acompañado por Xosé Li,- bouzouki- e Andrés Vilán – caixón-.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...