“O correr da vida en Remesar”, unha viaxe literaria por Bóveda

O Concello de Bóveda conta con varios exemplares do volume, que poderán consultarse na Biblioteca Pública Municipal. Tamén se doará algún volume ao CEIP Rosalía de Castro.

Alejandro Díaz Castro / Concello de Bóveda

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, recibe no seu despacho a Alejandro Díaz Castro, autor do libro ‘O correr da vida en Remesar’, que este luns entregaba ao rexedor local . O escritor estivo acompañado pola súa dona, Victoria María Fuentes Rojo.

Desde a Casa do Vázquez, na que naceu Alejandro en 1934, o lector acompaña ao autor na súa historia vital e nas vivencias que tivo en Remesar. Lembra o frío, a Guerra Civil, a dureza do traballo labrego, pero tamén os sabores, os olores e os sentimentos de quen un día foi neno e quería ver mundo.

Díaz Castro vive uns anos en Barcelona e despois fai carreira militar, agora está de volta no seu Remesar natal.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here