HomeCulturaO charco de Ulises, cita co teatro este xoves no Multiusos de...

O charco de Ulises, cita co teatro este xoves no Multiusos de Monforte

Este xoves, 18 de novembro, ás 20:15 horas no Edificio Multiusos de Monforte represéntase "O charco de Ulises" a cargo do Centro Dramático Galego, que volve a Monforte, tras anos de ausencia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“O charco de Ulises” é unha versión libre da Odisea traspasada a un contexto atlántico. Do mar ao océano. De Ítaca a Galicia. De Troia a Buenos Aires. Do Mediterráneo ao Atlántico.

Ulises está considerado, na cultura occidental, o primeiro emigrante; o primeiro ser humano que experimentou a nostalxia pola súa terra. En Galicia temos dúas palabras máis para chamarlle a isto: saudade e morriña. Un sentimento complexo, consecuencia dun fenómeno complexo.

O charco de Ulises trata da viaxe como concepto vital da existencia do ser humano no tempo, trata dos movementos migratorios, do multiculturalismo, da necesidade —ou non— de traspasar calquera fronteira. Fai unha relectura do clásico universal de Homero contextualizándoo nun fenómeno sociolóxico que marcou a historia do pobo galego.

A seguinte obra do ciclo de teatro será A todo Risco a cargo de Avelino González que terá lugar o xoves 25 de novembro na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro. A obra chega a Monforte froito da colaboración entre o Concello e a Fundación Vicente Risco.

ÚLTIMAS

A xornalista e comunicadora feminista Cristina Fallarás, o sábado 17 en Chantada

A asociación 'Polamiúda' de Chantada organiza o vindeiro 17 de xaneiro unha interesante charla...

Quiroga viaxa a Santiago o 18 de xaneiro para ver “Memorias dun neno labrego”

A obra que se representará é “Memorias dun neno labrego”, baixo a dirección e...

13.600€ na rehabilitación da Fonte de Piñeiro en Bóveda

O Goberno local solicitou unha axuda para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinada...