HomeCulturaProxección de "Negro Púrpura" este sábado no Círculo Saviñao e o Concello...

Proxección de “Negro Púrpura” este sábado no Círculo Saviñao e o Concello convoca o Concurso de Postais de Nadal

O Concello do Saviñao convoca o concurso de postais de Nadal 2021 baixo o tema ‘O Nadal no Saviñao’ e este sábado, 20 de novembro, a partir das 19:00 no Círculo Saviñao proxéctase "Negro Púrpura", con posterior coloquio co equipo creativo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As propostas para o concurso poderán conter, de forma libre, calquera aspecto alusivo ao Nadal: os adornos, as luces, a árbore, a familia, a decoración de elementos turísticos do Saviñao, das súas rúas, etc.

Cada participante poderá entregar un só deseño realizado con técnica libre, en soporte folio ou cartolina e en formato horizontal de tamaño A4. As propostas deberán ser inéditas e, polo tanto, non se terán en conta as que non reflictan a creatividade dos nenos e nenas.

As bases do certame recollen cinco categorías: infantil (4º, 5º e 6º de Infantil), primaria A (1º, 2º e 3º de Primaria), primaria B (4º, 5º e 6º de Primaria), secundaria (1º, 2º, 3º e 4º de ESO) e categoría absoluta (deseño escollido entre os gañadores de cada categoría que será publicado no calendario de Nadal do Concello). O premio de cada categoría será dun vale de 50 euros para gastar no comercio local ata o 15 de decembro máis un diploma acreditativo. A entrega dos premios será notificada con antelación.

Os traballos poderán entregarse ata o día 25 de novembro ás 14.00 horas no rexistro do Concello ou na secretaría dos colexios de Escairón e Currelos acompañados, no dorso ou nun folio á parte, do nome e apelidos, curso, centro escolar, data de nacemento, teléfono do pai/nai/titor e título da obra.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...