HomeCulturaPresentación do novo libro de Estefanía Padullés

Presentación do novo libro de Estefanía Padullés

Será este sábado ás 12:00 h. na Librería Agrasar de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A escritora e ilustradora de Paradela vén de publicar unha nova obra, o libro infantil “Que mal día, gato Klops!”, recomendado para cativos/as ata nove anos.

Nesta nova aventura atoparemos que ao gato Klops pásanlle moitas cousas: pícanlle os mosquitos, chove, a súa avoa réñelle…Que máis lle pode acontecer neste mal día? De súpeto, unha estrela aparece diante do seu fociño. Cambiará a súa sorte?

Na traxectoria artística de Estefanía Padullés podemos atopar varios álbumes ilustrados e libros de lectura para público infantil, como por exemplo ‘O desexo do gato Klops’, ‘A canción do sol’, ‘Max e Lea’, ‘A manchas ou a raias’, ‘Leopoldo o pequeno monstro’ e ‘Un mundo para Maruxa’.  

Profesionalmente tamén se dedica a impartir obradoiros nos que combina narración e debuxo para contar historias con mensaxe  relacionadas coa educación en valores.

Na presentación deste sábado 27 Estefanía aproveitará para contar e debuxar facendo a sesión matinal máis atractiva para as pequenas e os pequenos.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...