HomeCulturaRadio Océano canta a Lois Pereiro o 4 de decembro no Ateneo...

Radio Océano canta a Lois Pereiro o 4 de decembro no Ateneo de Monforte

A banda de referencia da escena punk-rock galega, Radio Océano, dará o 4 de decembro un concerto no Ateneo de Monforte para pechar os actos conmemorativos polo 25 aniversario do pasamento do poeta monfortino Lois Pereiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Radio Océano fórmase na Coruña en 1981 polo irmán do poeta, Xosé Manuel Pereiro, xunto con Santiago Romero e Pablo Iglesias, sendo referencia na escena punk e rock en Galicia, xunto con outras bandas como Os Resentidos e Siniestro Total.

En 2018, o selo Subterfuge editou o dobre vinilo Memorias do óxido, o que supuxo o regreso á actividade de Radio Océano. Agora dende o Ateneo inician unha xira que a banda bautizou como ‘Crowdfunding Indecente Tour’, unha chiscadela ao Filthy Lucre Tour dos Sex Pistols.

A xira é un xeito de dar a coñecer os novos temas de Radio Océano e asumir a produción dun novo disco, que inclúe un tema baseado no poema de Lois Pereiro ‘Revisando os danos’. Este concerto pecha un ano de actividades impulsadas dende o Ateneo Casino en homenaxe á vida e obra de Lois Pereiro no 25 aniversario do seu pasamento.

Hai tres tipos de entrada colaborativa, de 5, 7 ou 10 euros. Dependo da entrada escollida, inclúese un caderno ou bolsa de Lois Pereiro, ou ambas cousas. O concerto será ás 22.00, debendo reservar as entradas no teléfono 648 435 033, preferiblemente por WhatsApp, ou por email en ola@ateneocasino.gal.

ÚLTIMAS

Completo programa para exaltar o aceite de Quiroga os días 14 e 15 de marzo

O sábado, 14 de marzo, a mostra abrirase co “III Congreso arredor do Aceite...

O Enterro da Sardiña despide o Entroido en Monforte

O tradicional Enterro da Sardiña puxo este mércores pola tarde o peche ao Entroido...

A Torre da Homenaxe monfortina lembrará o ‘Día Mundial do Colangiocarcinoma’

O Concello de Monforte colabora coa iniciativa da Asociación de Tumores de Vías Biliares...

“Memorias dun neno labrego”, este 19 de febreiro no Multiusos de Monforte

Nova cita co teatro este xoves, 19 de febreiro ás 20.15 horas, no Edificio...