O mes de decembro preséntase cunha variada programación de actividades en Quiroga, destacando as máis dedicadas ao público infantil: Certames de poesía e concurso de postais de Nadal, pista de xeo e inchables, o curso de cociña MiniChef, a Ludoteca de Nadal e a actividade de animación, Cancións de animais para nenos case normais, a cargo da Compañía Solitaria do Dr Monifate.
Os máis deportistas poderán participar no Torneo de Fútbol Sala ou despedir o ano coa xa tradicional carreira – andaina solidaria de San Silvestres que se organiza o día 31.
Non faltarán representacións teatrais para todos os públicos como “Borralliña”, a cargo do grupo de teatro Palimoquiños (do circuíto de teatro aficionado da Deputación Provincial) e o concerto de Manoele de Felisa (contando coa Secretaría Xeral de Política Lingüística). Tamén se programan as visitas máis agardadas destas datas: a de Papá Noel o día 23 e a dos Reis Magos do día 5 de xaneiro.