HomeCulturaO Incio incentiva a decoración de Nadal cun concurso

O Incio incentiva a decoración de Nadal cun concurso

O Concello do Incio convoca un concurso de decoración de vivendas, fachadas e balcóns polo Nadal, coa finalidade de promover e contribuír a crear un ambiente festivo no Concello nesta datas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Poderán participar no concurso todas aquelas persoas que teñan vivendas situadas no ámbito territorial do Concello do Incio, podendo inscribirse unha persoa maior de idade por vivenda.

O prazo para inscribirse estará aberto ata o día 20 de decembro a través da sede electrónica do Concello do Incio https://concellooincio.sedelectronica.gal ou ben presencialmente no rexistro, en horario de 9:00 h a 14:00 horas, cubrindo un anexo de inscrición, dispoñible no taboleiro de anuncios da sede electrónica e nas oficinas municipais.

A temática de decoración será relacionada exclusivamente co ambiente propio das Festas do Nadal. A decoración deberá estar visible dende a vía pública, e completamente instalada durante o período do 21 de decembro de 2021 ao 6 de xaneiro de 2022.

Os participantes inscritos poderán achegar fotografías da súa decoración, que o Concello exporá nas súas redes sociais, entre os días 21 de decembro de 2021 ao 6 de xaneiro de 2022.

A valoración das decoracións será realizada por un xurado que se designará ao efecto, e que realizará visitas as vivendas, sen previo aviso, entre os días 21 de decembro de 2021 ao 6 de xaneiro de 2022.

Haberá tres premios para os gañadores: Un 1º premio de 150,00  euros; un 2º premio de 100,00 euros; e un 3º premio de 50,00 euros. Valorarase a orixinalidade, complexidade, deseño, artesanía, iluminación, e a utilización de materiais reciclados.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...