HomeCulturaMostra en Sarria sobre os 50 anos do 'Belén de Begonte'

Mostra en Sarria sobre os 50 anos do ‘Belén de Begonte’

A piscina climatizada municipal acolle ata o 9 de xaneiro unha exposición sobre este nacemento electrónico que celebra o seu 50 aniversario.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A mostra ’50 anos do Belén de Begonte (1972-2022)’ é unha exposición a xeito de resumo que recolle en trece paneis as datas e os datos máis salientables da historia deste senlleiro belén dende o ano 1972 ata a actualidade. Trátase dun nacemento electrónico, moi completo e feito ao detalle que foi declarado “de interese turístico galego” no ano 2014.

Entre outras cousas, destácase a galeguidade do Belén, o seu carácter chairego e o papel de José Domínguez Guizán –crego de Begonte e fundador–  e de José Rodríguez Varela –creador do Belén–.

Trátase dun proxecto que impulsa o Colectivo Egeria en colaboración cos concellos de Begonte e Sarria e o patrocinio da Xunta de Galicia e o Xacobeo 21-22.

A Piscina Municipal Climatizada de Sarria está na Rúa Ánxel Fole e os horarios para poder visitar a mostra son os seguintes:

-De martes a venres: de 8:00 a 12:00 pola mañá, e de 17:30 a 21:30 h. pola tarde.

-Sábados e domingos: de 10:00 a 13:00 h.

-Os días festivos estará pechada.

Na páxina web do Colectivo Egeria pódese atopar información ao detalle sobre este proxecto.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...