HomeCulturaOs Reis Magos visitan os concellos da Ribeira Sacra

Os Reis Magos visitan os concellos da Ribeira Sacra

Comunicaron a súa visita, ata o momento nos concellos de Monforte, Sober e Bóveda.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En Monforte os Reis Magos chegaron á estación de tren onde foron recibidos polo Alcalde, membros da Corporación municipal e pola música da Escola de Gaitas do Concello.

Alí, a Comitiva Real integrada por catro carrozas cos Reis Magos e seus paxes, formados por alumnos de sexto de primaria dos centros de ensino da cidade, o Grupo de Gaitas do Concello e outros grupos musicais e decorativos, iniciaría a cabalgata para finalizar no Campo de San Antonio co discurso das súas maxestades.

No concello de Sober os Reis Magos fixeron cinco paradas desde ben cedo; en Cadeiras, Bulso, Canaval, Anllo e na Casa da Cultura da localidade onde os esperaban os nenos e nenas das aldeas próximas a eses lugares. Deste xeito evitáronse aglomeracións na capitalidade e deuse cumprimento en todo o momento ao protocolo sanitario en vigor. Todos os nenos e nenas levaron o seu agasallo nun día moi especial para eles.

Reis Magos Anllo 2022 / concello de Sober

Os Reis Magos de Oriente visitaron tamén o concello de Bóveda onde fixeron entrega de agasallos a todos os nenos e nenas que previamente se anotaran. Cumpriuse con todas as normas sanitarias en vigor. O Concello agradece a visita dos Reis e a participación de todos os nenos e nenas.

Reis Magos Bóveda / concello de Bóveda

No concello de Pantón a tarde do mércores aproveitouse para desenvolver xogos infantís na Praza do Concello e despois as súas maxestades de Oriente recibían aos máis cativos para coñecer que desexos tiñan.

Reis Magos Pantón 2022 / concello de Pantón

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...