HomeCulturaII Concurso de ilustracións de Castelao, convocado polo BNG Quiroga

II Concurso de ilustracións de Castelao, convocado polo BNG Quiroga

Co gallo do ‘Día da Ilustración’ e o ‘136 aniversario do nacemento de Castelao’, O BNG de Quiroga convoca un concurso de debuxo no que convida a participar enviando ilustracións, deseños, caricaturas... plasmando a imaxe de Castelao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A participación, con estilo libre, está aberta ata o 30 de xaneiro. As obras poden realizarse en cor ou en branco e negro tendo que envialas a través do correo electrónico quiroga@bng.gal detallando a seguinte información: o nome do autor ou autora, os anos que ten e unha autorización expresa para consentir que a súa creación se comparta nas redes sociais. Todos os dereitos sobre a obra recaerán exclusivamente na autor ou autora.

Diferenciaranse dúas categorías, unha ata 12 anos e outra para maiores desa idade. O debuxo de cada categoría con máis ‘gústames’ durante os días que se expoñerán no perfil de Facebook do BNG Quiroga obterá como premio un vale por valor de 30€ para canxear en compras nas librarías de Quiroga.

O pasado ano foi a 1ª edición deste concurso e a iniciativa tivo gran acollida, motivo polo cal se decidiu repetir. Recibíronse imaxes de Castelao de gran calidade e o número de participantes sorprendeu gratamente á organización.

Castelao / XMF

ÚLTIMAS

A ‘Romaría da Ermida’ xa é Ben de Interese Cultural

A nova de declarar Ben de Interese Cutural á 'Romaría da Ermida' chega no...

Queres participar nunha curta que se rodará do 22 ao 27 de setembro en Rosende?

La Plantación. Encuentros y Conocimiento organiza do 20 ao 29 de setembro un obradoiro...

A CIG Saúde reclama a apertura inmediata da Planta de Medicina Interna no Hospital de Monforte

A CIG Saúde asegura que a suspensión dos quirófanos débese á falta de cama...

​O monfortino Lucas Pavón Sanmartín, subcampión de España de pesca

O Club Pesca Río Cabe vén de colleitar un gran éxito nacional e reafirma...