HomeCulturaMonforte acolle 7 representacións da Rede de Teatros no primeiro semestre do...

Monforte acolle 7 representacións da Rede de Teatros no primeiro semestre do 2022

Todas as representacións da rede de Teatros e Auditorios levaranse a cabo no Edificio Multiusos, ben ás 20:15 horas, as dirixidas a público adulto, ben ás 18:00 horas, as dirixidas a público infantil e familiar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O prezo da entrada xeral será de cinco euros e de tres euros para estudantes, desempregados e xubilados. As entradas venderanse ata completar o aforo, seguindo a normativa sanitaria no momento da actuación

Programación para público Adulto: (20:15 horas)

  • Libre como os paxaros de Teatro do Atlántico, o xoves 10 de xaneiro.
  • A lúa vai encuberta da compañía Incendiaria, o xoves 10 de marzo.    
  • Cigarreiras da compañía Contraproducións, o xoves 24 de marzo.  
  • Tabú da compañía Tarabela Creativa, o xoves 7 de abril.  
  • As que limpan da compañía A Panadería, o xoves 19 de maio.  

Programación para público Infantil e familiar: (18:00 horas)

  • Saga de Flin Havardr, da compañía Trécola Monicreques, o xoves 31 de marzo, dentro do circuito Teatro Profesional, da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
  • Quixote, da compañía Pedras de Cartón, o xoves 28 de abril.

O Alcalde, José Tomé Roca, “anima ós monfortinos e monfortinas a que acudan a disfrutar desta programación de teatro do Concello de Monforte para o primeiro semestre deste ano, e que o fagan coa seguridade de que se atoparán coas medidas necesarias para garantir a súa seguridade ante a Covid-19, tal e como viñemos facendo ó longo do pasado ano 2021”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...