HomeCulturaLibre coma os paxaros abre a tempada de teatro en Monforte o...

Libre coma os paxaros abre a tempada de teatro en Monforte o día 10 de febreiro

Dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, este xoves, 10 de febreiro, ás 20:15 no Edificio Multiusos terá lugar a posta en escea da obra para adultos Libre coma os paxaros, da compañía Teatro do Atlántico, obra de Rosalía de Castro e Xulio Lago, adaptada e dirixida por Xulio Lago e interpretada por María Barcala.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O teatro volverá ser protagonista da actividade cultural deseñada polo Concello de Monforte no primeiro semestre do ano 2022. O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes. A venta de entradas farase dende unha hora antes da actuación e a entrada o salón de actos realizarase media hora antes do comezo da obra. Debido a situación sanitaria solicitarase o pasaporte Covid sendo obrigatorio o uso de máscaras.

A base fundamental para a elaboración da posta en escea deste espectáculo son os textos de Rosalía de Castro -lieders, poemas, artigos, prólogos-,  engarzados con outros materiais que contextualizan e conforman unha vía pola que transitar o pensamento da nosa autora e o seu compromiso irrenunciable diante dos acontecementos e conflitos  protagonistas na sociedade do seu tempo, e que son sorprendente reflexo dos que hoxe nos acucian.

Unha muller toma a palabra e proclámase posuidora da súa liberdade. Declara, desafiante, non someterse ás regras da arte no exercicio da súa actividade creativa, nin acatar mandatos dos seus iguais.

Declara o seu amor pola literatura, a poesía e a lingua do seu país; o seu respecto e admiración polas escravizadas mulleres do seu pobo; e expresa a súa solidariedade e a súa dor polas miserábeis condicións de vida que aquelas teñen que soportar.

Denuncia o espolio do patrimonio forestal; a traxedia da emigración á que se ven obrigados centos de miles de compatriotas para poder sobrevivir, eles e as súas familias, á fame e á miseria.

Muller galega. Filla de nai solteira. E de pai cura. Chámase María Rosalía Rita de Castro.

A seguinte obra do ciclo de teatro para adultos programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte será A lúa vai encuberta da compañía Incendiaria que terá lugar o xoves, 10 de marzo, no Edificio Multiusos ás 20:15 h, sendo o prezo da entrada xeral de cinco euros e de tres euros para estudantes, desempregados e xubilados.

ÚLTIMAS

3ª edición de ‘Brincadeira’, o festival que recupera o ‘brindo’ na Pobra do Brollón

Brindadeira xurdiu no ano 2023 como parte dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar...

75.000€ para mellorar a Praza Luis García Arias en Chantada

Esta praza reformárase hai 15 anos co bipartito para crear un espazo complementario aos...

Quiroga presenta as actuacións das festas de verán que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto

As festas do xoves abriranse cun concerto do grupo local, Mario Colomán & The...

O PP de Ribas de Sil denuncia que non se convocan os plenos cada dous meses

Os concelleiros do PP de Ribas de Sil denuncian que o alcalde está a...