InicioCulturaPantón pecha o entroido na Ribeira Sacra cun desfile que rematará ...

Pantón pecha o entroido na Ribeira Sacra cun desfile que rematará nas Bernardas

O xurado do desfile estará composto por un representante de cada comparsa (que non desfilará) e unha persoa allea que exercerá voto de calidade en caso de empate. Valorarase a orixinalidade, a calidade e a simpatía dos disfraces.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Pantón organiza diferentes actividades para celebrar este entroido. Comezan, como é tradicional na Ribeira Sacra cos xoves de compadres e comadres. O día 17 celebrarase o xoves de compadres e unha semana despois o de comadres.

Xa o sábado, 5 de marzo, terá lugar o Desfile de Entroido que comezará ás 16.00h. na contorna do colexio Monte Baliño para percorrer as rúas de Ferreira e rematar na explanada das Bernardas. “Este ano non rematamos na Praza do Concello con chocolatada e reunión veciñal porque a normativa non permite aglomeracións, así que faremos o percorrido máis longo e permitindo espazo entre a xente. Só temos que comportarnos con responsabilidade mantendo distancias e usando máscaras de ser necesario”, sinala o alcalde, José Luis Álvarez.

As inscricións para participar no desfile deben de facerse ata o 4 de marzo ás 13:00 no edificio sociocultural. Establécense os seguintes premios para as tres categorías de adultos e de infantís:

Comparsas Adultos:

  • Grupos de 10 ou máis componentes (350€, 200€ e 150€)
  • Grupos entre 5 e 9 compoñentes (150€, 125€ e 100€)
  • Grupos entre 1 e 4 compoñentes (100€, 75€ e 50€)

Comparsas Infantís:

  • Grupos de 10 ou máis componentes (180€, 160€ e 150€)
  • Grupos entre 5 e 9 compoñentes (100€, 75€ e 50€)
  • Grupos entre 1 e 4 compoñentes (50€, 40€ e 20€)

Tódalas comparsas que presenten carroza recibirán 50€ e as de máis de 10 compoñentes recibirán 80€ non acumulables ao premio. Os premios daranse a coñecer ao remate do desfile e serán ingresados nas contas bancarias que corresponda.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa de Galicia que eu descubrín”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...