HomeCulturaBaile de disfraces o 26 de febreiro no Incio

Baile de disfraces o 26 de febreiro no Incio

O Concello do Incio colabora coa Asociación Cultural As Xeitosas na organización dun baile de disfraces que se vai celebrar o sábado, día 26 de febreiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A mascarada dará comezo ás 18:00 horas na Praza de España do Concello do Incio, na Cruz do Incio. A organización informa que haberá premios para os mellores disfraces, música, chocolatada e doces típicos do Entroido, como as orellas.

As persoas, grupos ou comparsas interesadas en participar neste baile de máscaras poden chamar ao Concello do Incio en horario de oficina ao teléfono 982 42 70 14.

ÚLTIMAS

“Xente que veu tocar a Sober hoxe está en orquestras europeas ou americanas de primeiro orde”, Luis Fernández Guitián

Luis Fernández Guitián é profesor de clarinete. Estudou no Conservatorio de Ourense, despois fixo...

A Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés recibe a visita de 2 eurodiputados

O obxectivo central desta visita dos eurodiputados, Francisco Millán Mon e Nicolás González Casares,...

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...