HomeCulturaAdrián Diz: "Andrés Montes, dos Gin Toni's, animoume a facer concertos"

Adrián Diz: “Andrés Montes, dos Gin Toni’s, animoume a facer concertos”

Este músico ourensán chega o sábado 5 de marzo a Quiroga para actuar a partir das 23:00 h. no local Ruxe-Ruxe, un establecemento que está retomando a música en directo nas fins de semana.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Adrián Diz é un músico que, levado pola súa afección por Joaquín Sabina, empezou a tocar a guitarra hai xa sete anos. Dende ese momento está metido de cheo no mundo dos concertos en directo e movendo por toda Galicia a súa playlist con clásicos dos 80-90 e outros temas máis actuais.

Así, este sábado 5 de marzo, poderemos escoitar no Ruxe-Ruxe de Quiroga moitas versións do seu referente, Joaquín Sabina, pero tamén grandes clásicos de artistas como: Antonio Vega, Los Suaves, Loquillo, Jarabe de Palo, Fito y Fitipaldis, Leiva, Melendi, Alaska, Hombres G…

Nunha entrevista concedida á La Voz de Galicia no 2021, Adrián conta como anécdota que os seus primeiros concertos chegaron grazas á oportunidade que lle deu Andrés Montes, vocalista dos Gin Toni’s e do dúo Castro e Montes. “Convidoume a cantar con el e non o dubidei. Logo animoume a que intentase contactar co Liceo de Ourense para propoñerlles actuacións en directo”.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...