HomeCultura"Matrioshka" este xoves no Multiusos de Monforte co gallo do 8M

“Matrioshka” este xoves no Multiusos de Monforte co gallo do 8M

Este xoves, 17 de marzo, ás 20:15 h e no Edificio Multiusos terá lugar unha nova cita co teatro para adultos dentro da programación da Rede Galega de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A obra enmárcase dentro do programa de actos do 8M Día Internacional da Muller, organizado pola Concellería de Muller e Igualdade e o CIM,

A compañía Matrioshka Teatro representa a peza Comando Comadres, baixo a autoría de Lorena Conde, a dirección de Gena Baamonde e interpretada por Chelo do Rejo, Anabel Gago e Lorena Conde.

No mes en que se conmemora o Día Internacional da Muller e a través da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, e como iniciativa para a normalización do uso do galego en todos os ámbitos, o Concello decidiu a inclusión desta obra no seu calendario de actividades culturais.

Dirixida a público adulto, entrada será gratuíta ata completar a capacidade do local seguindo a normativa sanitaria no momento da actuación. A entrada o salón de actos realizarase media hora antes do comezo da obra.

Sinopse

A través do humor un grupo de “artivistas” organizadas en diferentes comandos, poñen en evidencia as múltiples manifestacións da violencia patriarcal e cuestionan a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico actual.

Os Comandos establécense como pequenos grupos de artivistas preparadas para as encomendas máis perigosas: levar a cabo incursións no territorio inimigo para poñer luz sobre a inxustiza e volver airosas da misión.

Son Comandos activos de estratexias impredecibles e irreverentes que van creando unha rede de Comandos Comadres a nivel mundial, centrada na importancia da igualdade de dereitos e deberes sociais entre ambos xéneros tanto no ámbito público coma no privado, dos coidados de ecosistemas sans e equilibrados, así coma dos afectos cos que crear lazos de sororidade e empatía, e coa que rendemos homenaxe a todas as heroínas de a diario, as señoras silenciadas, perseguidas, queimadas, torturadas, os saberes invisibilizados e á historia oculta do noso pasado.

ÚLTIMAS

Moito público e gran participación no Desfile de Martes de Entroido monfortino

Con máis de 1.300 participantes no Desfile de Comparsas e Disfraces e as rúas...

O Oso de Salcedo volveu facer das súas este luns

Arias felicitou á veciñanza de Salcedo polo seu traballo para preservar "un dos Entroidos...

1.300 inscritos na XII edición do Quiroga Trail Challenge

Pechadas xa as inscricións unhas horas antes da data límite por prazas esgotadas destácase...

‘Amandi. Un viño de cine’ anunciará a cita de Sober

O xurado, formado por técnicos municipais, elixiu entre unha vintena de propostas chegadas de...