HomeCulturaDani Barreiro & Friends en Quiroga o 26 de marzo

Dani Barreiro & Friends en Quiroga o 26 de marzo

Dani Barreiro & Friends, nesta ocasión acompañado de Manu Bastón (batería e guitarra eléctrica e acústica), actúan no Ruxe-Ruxe a partir das 23:30 h. do sábado 26 de marzo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dani Barreiro & Friends xa estivo antes da pandemia por estas terras deixando un bo sabor de boca. Tanto é así que fans da zona pediron á xerencia do local Ruxe-Ruxe que o trouxeran en canto fose posible.

Na cita lembrarase a música de artistas tan dispares como: Andrés Dobarro, Juan Pardo, o rués Magín Blanco, Loquillo, Gabinete Caligari, Duncan Dhu, Andrés Calamaro, Quique González, Coque Malla, Joaquin Sabina… pasando por Rosendo, Burning ou Los Secretos; variando o seu ecléctico repertorio e incluíndo clásicos internacionais de diferentes artistas como Johnny Cash, Neil Young, Neil Diamond, REM, Depeche Mode, Rolling Stones, The Beatles, etc.

Os máis de 100 concertos ao ano en bares, pubs, eventos ou a súa participación en grandes festivais como Atlantic Fest ou o Festival da Luz avalan a súa experiencia, rodaxe e solvencia artística.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...