HomeCulturaO proxecto da Libraría da Proencia preséntase na Pobra do Brollón este...

O proxecto da Libraría da Proencia preséntase na Pobra do Brollón este 31 de marzo

O Concello da Pobra do Brollón continúa programando charlas para dar a coñecer propostas interesantes de arraigamento no rural, especialmente da Ribeira Sacra ou da contorna.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este xoves, 31 de marzo, Paula Vázquez contará o seu proxecto da Libraría da Proencia, localizado na parroquia de Proendos, concello de Sober. Ademais, na actividade degustarase un doce típico do lugar, o doce de carrola.

A Libraría da Proencia preséntase non só coma libraría; tamén como tenda de agasallos e recordos da zona, así como lugar para eventos culturais e turísticos. A súa impulsora, Paula Vázquez, defende que “dende unha aldea, calquera parroquia rural galega, podemos ofrecer servizos culturais similares ao que adoitamos atopar só na cidade”.

A charla será este xoves, 31 de marzo, ás 20:15 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’. O acceso é libre, preferiblemente con reserva, no teléfono 650 624 828.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...