HomeCulturaDani Barreiro & Friends o día 3 na terraza do AWA

Dani Barreiro & Friends o día 3 na terraza do AWA

A formación Dani Barreiro & Friends chega a Monforte este domingo, 3 de abril, para darlle a benvida ás sesións vermú da terraza do coñecido AwA, local á beira do río Cabe, no centro da cidade de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dani Barreiro chega nesta ocasión acompañado de Manu Bastón (batería e guitarra eléctrica e acústica), para dalo todo no AWA a partir das 13:30 h. do domingo 3 de abril.

Con Dani & Friends lembrarase a música de artistas tan dispares como: Andrés Dobarro, Juan Pardo, o rués Magín Blanco, Loquillo, Gabinete Caligari, Duncan Dhu, Andrés Calamaro, Quique González, Coque Malla, Joaquin Sabina… pasando por Rosendo, Burning ou Los Secretos; variando o seu ecléctico repertorio e incluíndo clásicos internacionais de diferentes artistas como Johnny Cash, Neil Young, Neil Diamond, REM, Depeche Mode, Rolling Stones, The Beatles, etc.

Os máis de 100 concertos ao ano en bares, pubs, eventos ou a súa participación en grandes festivais como Atlantic Fest ou o Festival da Luz avalan a súa experiencia, rodaxe e solvencia artística.

ÚLTIMAS

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...

Queres que a túa idea se faga realidade? Recta final para participar no Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra segue buscando iniciativas de emprendemento e...

O Courel pedalea por Palestina

A cita do 17 de maio está promovida por We Rise como parte da...

Premio ao mellor deseño para o IES Daviña Rey na ‘Liga Make Drone 2025-26’

O IES Daviña Rey vén de participar na "Liga Maker Drone", un encontro competitivo...