HomeMovementos sociaisO Courel pedalea por Palestina

O Courel pedalea por Palestina

O Colectivo do Courel a Palestina súmase a esta iniciativa, que se desenvolverá o vindeiro domingo, 17 de maio, pedaleando xunto con outros centos de lugares de toda Europa, convertendo montañas, camiños e rúas en espazos de solidariedade. Este sábado o colectivo organizaba unha xornada para analizar a situación do pobo palestino.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A cita do 17 de maio está promovida por We Rise como parte da misión de primavera da Global Sumud Flotilla (coalición de flotillas). “Trátase dunha inmillorable oportunidade para que a enerxía da flotilla se traslade ás rúas, xunto con miles de persoas máis, convertendo a solidariedade en poder colectivo visíbel”, destacan desde O Courel a Palestina.

O punto de saída será o campo da feira de Seoane ás 12:30h. Percorreranse sete kilómetros ata Ferreirós de Abaixo, onde rematará cun pic-nic comunitario. Ás 16:00h, no mesmo espazo en Ferreirós de Abaixo, levarase a cabo un acto reivindicativo en conmemoración do aniversario da Nakba, día en que no ano 1948 as persoas palestinas foron expulsadas por primeira vez das súas terras, por mor da creación do estado de Israel

Este sábado, o colectivo organizaba tamén en Folgoso do Courel, unha xornada centrada en analizar a situación actual de Palestina. Ao longo da mañá os distintos oradores, entre os que había unha palestina de orixe gazatí residente en Galicia, Sara Ashour, e dúas integrantes da Universidade da Coruña por Palestina, Mar Rodríguez Romero e Catherine Theasley Severino, botaron unha ollada ao pasado, presente e futuro do conflito e compartiron cos numerosos asistentes as súas impresións. 

Ademáis das charlas, proxectouse a curtametraxe documental Thou Shall Not Kill, de Fátima Lianes, que ten como director de fotografía ao monfortino Manuel Valcárcel, e ao rematar celebrouse un xantar popular no mesmo espazo. O evento foi un éxito de participación e acercou aos habitantes do Courel unha visión crítica e máis profunda do que está a acontecerlle ao pobo palestino.

De forma paralela, os asistentes puideron disfrutar da exposición HeARTS of Gaza, con debuxos de nenos palestinos que retratan de primeira man a barbarie e o sufrimento baixo o que están a vivir. 

Xornada Palestina Courel 2026 / Colectivo do Courel a Palestina

ÚLTIMAS

Queres que a túa idea se faga realidade? Recta final para participar no Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra segue buscando iniciativas de emprendemento e...

Premio ao mellor deseño para o IES Daviña Rey na ‘Liga Make Drone 2025-26’

O IES Daviña Rey vén de participar na "Liga Maker Drone", un encontro competitivo...

O rural galego como motor industrial a debate no encontro que Cesuga organizou en Sober

A cita que reuniu a unha ampla representación de persoas vinculadas coa empresa, institucións,...

Prata para Sara Pérez Pallín do Club Atletismo A Gándara no Campionato de España

A gran noticia do torneo chegou da man de Sara Pérez Pallín, quen se...