HomeCultura¡Club Diverfindes! desde o 7 de maio no Ateneo Casino

¡Club Diverfindes! desde o 7 de maio no Ateneo Casino

O Ateneo amplía a súa programación con actividades para público infantil. Os sábados pola mañá no Ateneo de Monforte serán para a cativada, grazas a unha iniciativa ofertada por ‘Actividades Eli & Edi’ en colaboración co Ateneo Casino.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O ¡Club Diverfindes! terá lugar todos os sábados a partir do día 7
de maio,
dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. “Estamos moi satisfeitos de tecer redes para ampliar a nosa oferta de actividades no Ateneo e chegar a novos públicos”, afirma María Loreto González Cabanas, presidenta do Ateneo Casino. “Seguimos a consolidar o Ateneo como lugar de encontro para todo tipo de persoas e idades,” salienta.

“O club ponse en marcha para cubrir un baleiro de actividades infantís en
Monforte e na comarca que faciliten a conciliación familiar aos pais e nais nas fins de semana” comenta Elisa Domínguez Iglesias de ‘Actividades Eli & Edi’

A proposta consistirá en actividades lúdico-recreativas e educativas como
xogos populares, obradoiros, actividades deportivas, bailes e cancións…
Dentro da oferta, incluiranse xincanas urbanas e incluso excursións a lugares divertidos da contorna. Os socios e socias do Ateneo Casino terán un desconto mensual. As persoas interesadas deberán reservar praza antes do 25 de abril a través da web de Actividades Eli & Edi

Para máis información ou dúbidas, as persoas interesadas poden contactar no teléfono 604014384 ou por email a actividadeseliedi@gmail.com

ÚLTIMAS

Monforte anuncia corte na subministración de auga este 21 de abril no Polígono Reboredo, Piñeira e Distriz

O motivo deste corte é a realización de obras na rede de tubaxes co...

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...