HomeCultura"Quixote" no Multiusos de Monforte para público familiar

“Quixote” no Multiusos de Monforte para público familiar

O Concello de Monforte presenta este xoves, 28 de abril, ás 18:00 h, Quixote da compañía Pedras de Cartón, unha representación para público infantil e familiar que terá lugar no salón de actos do Edificio Multiusos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A representación forma parte do calendario de actuacións teatrais do primeiro semestre do ano incluídas na programación da Rede de Teatros e Auditorios da Xunta de Galicia. O concello escolleu ademais esta obra para conmemorar o 23 de abril, Día do Libro.

“Quixote“ é un xogo cómico inspirado na coñecida obra de Cervantes. Un espectáculo para achegar os clásicos a toda a familia con humor e case sen palabras, no que Don Quixote viaxa polas terras de Castela co seu velocípedo, acompañado do fiel Sancho e un triciclo cargado de maletas.

Pedras de cartón traballa, desta volta, cunha estética inspirada no pallaso clásico e en clave de clown, afrontndo as escenas máis icónicas da novela, da relación antagónica entre Quixote e o seu escudeiro Sancho.

O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros para adultos e tres para público infantil. A venda de entradas farase dende unha hora antes da actuación, ás 17:00 h, e a entrada o salón de actos realizarase ás 17:45 h.

A seguinte obra do ciclo de teatro para público adulto programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte será As que limpan da compañía A Panadería que terá lugar o xoves, 19 de maio, no Edificio Multiusos ás 20:15 h.

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...