HomeCulturaO monfortino Antón Valcarce presenta un libro de relatos

O monfortino Antón Valcarce presenta un libro de relatos

Será este venres 29 de abril ás 20:00 h. na Librería Agrasar de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Librería Agrasar de Monforte presenta o último libro de Antón Valcarce, intelectual da cidade do Cabe coñecido polas súas facetas literaria e musical.

A obra en cuestión é “Contos en tempos de peste e purgacións”, unha escolma de relatos e historias escritas durante os tres meses de confinamento do ano 2020 con motivo da pandemia. As historias aconteceron na década dos anos 70 e, segundo indica o autor, non verían a luz se non fose polo confinamento. Algunhas delas son froito da súa propia vivencia e outras foron recollidas do boca a boca da cultura oral.

Foto de portada do propio autor nos anos 70

A publicación chega da man da editorial Agrasar Editores, editorial que ten publicado outras obras de ámbito local como por exemplo: “Soños de Chicolate”, “O que non che contaron de Monforte”, “Contáronme que che contara”, “De Nápoles a Monforte polo inferno” e “Troitiña”.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...