HomeCultura'Interritmos: Sons do Rural', o concurso que pon en valor a nosa...

‘Interritmos: Sons do Rural’, o concurso que pon en valor a nosa música tradicional

O Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-Courel impulsa, xunto con outros GDR, esta iniciativa que busca poñer en valor o patrimonio musical galego.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) Asociación de Desarrollo Local Deloa, Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ordes, Salnés-Ulla-Umia e Ribeira Sacra-Courel, todos eles recoñecidos como entidades colaboradoras da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para a aplicación dunha Estratexia de Desenvolvemento Local na medida Leader de Galicia, asinaron un convenio de colaboración para traballar en rede no Concurso INTERRITMOS: SONS DO RURAL, que busca a potenciación do patrimonio musical galego.

O Concurso está destinado a músicos/as, grupos e/ou bandas instrumentais e/ou vocais, de ata un máximo de 8 compoñentes, con traballos que versen tanto na recreación ou evolución de pezas tradicionais, como en pezas de nova creación que beban da música de raíz.

Para o desenvolvemento de INTERRITMOS primeiro terá lugar un concurso de maquetas en liña. De entre todos/as os/as participantes, un xurado profesional seleccionará seis finalistas que participarán nun encontro musical o 4 de xuño no Náutico de San Vicente do Mar, no Grove. Neste Encontro Musical, a través dunha actuación en directo, serán seleccionados dous grupos/artistas gañadores.

Os gañadores que realizarán un circuíto musical ao vivo nos territorios implicados, recibirán un premio en metálico de ata 480 euros, ademais poderán tocar no Festival da Luz 2022 e gravar un tema e un videoclip de xeito profesional.

O prazo para a presentación de maquetas está aberto do 25 de abril ao 16 de maio de 2022, ás 14.00 h. e tanto o programa como as bases do concurso pódense coñecer a través da ligazón https://interritmos.deloa.es

Ao igual que na edición de 2021, Interritmos: Sons do rural contará coa celebración de coloquios e charlas que tratarán de distintos aspectos de temática musical e cultural. Nelas participarán figuras de relevancia nestas temáticas e profesionais dos medios de comunicación. Ditos coloquios e charlas desenvolveranse en lugares senlleiros do territorio do GDR Ribeira Sacra-Courel.

ÚLTIMAS

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...