InicioCultura“A poeta analfabeta” chega á Pobra do Brollón, Sarria e Chantada

“A poeta analfabeta” chega á Pobra do Brollón, Sarria e Chantada

O filme “A poeta analfabeta”, sobre a escritora e activista Luz Fandiño, proxectarase durante este mes de maio na Pobra do Brollón, Sarria e Chantada, dentro do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Vicepresidencia da Deputación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“A poeta analfabeta” é a segunda proxección programada neste circuíto, que contempla a exhibición dos oito filmes finalistas dos Premios Mestre Mateo nas categorías de mellor longametraxe documental e mellor longametraxe de ficción, cunha proxección cada mes durante todo o ano.

A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, convidou a “asistir a estas proxeccións  programadas nas distintas comarcas co obxectivo de achegar o cine en galego a todo o público e afianzar a demanda de produción audiovisual no noso idioma, que é algo que entendemos fundamental para avanzar na súa normalización”.

A deputada de Cultura  explicou “ que se trata da terceira proxección dentro deste circuíto que promovemos xunto a Academia Galega do Audiovisual, e que xa levou outros filmes finalistas dos Mestre Mateo a estas vilas como “O Gran Camiño” e “A virxe roxa”

“A poeta analfabeta”

O documental, dirixido por Sonia Méndez e producido por Nati Juncal Portas, percorre a vida da poeta e activista Luz Fandiño, desde o seu nacemento en Santiago de Compostela en 1931, ata o seu retorno á cidade en 1979, onde reside, despois de vivir a experiencia da emigración en Arxentina e Francia. Foi en Bos Aires onde empezou a ler e escribir en galego. Autora dos poemarios Farangulliña de neve (1998), O pracer de envellecer (2014), e Espiñas e pensamentos (2016) a escritora é unha referente para as xeracións máis novas pola súa actitude rebelde e combativa.

A película foi estreada na 35 edición de Cineuropa e proxectada na 16ª edición de la Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE). Tamén resultou finalista na categoría de Mellor documental nos XX Mestre Mateo.

Proxeccións

  • Sarria –  Sábado, 21 de maio. Sociedade Recreativa La Unión. 19.00 horas. Colabora Cineclube Leslie Nielsen  e Sociedade Recreativa La Unión.
  • A Pobra do Brollón –  Venres, 27 de maio.  Casa da Cultura Olga Novo. 20:15 horas. Colabora Concello da Pobra do Brollón.
  • Chantada – Sábado, 28 de maio Auditorio Municipal. 20.00 horas. Colaboran Airoá Comunicación e Concello de Chantada.

ÚLTIMAS

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra asina coa Universidade da Coruña a realización do seu Plan Director

Hai un mes a Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra celebraba unha xornada para presentar...

Fin de semana de foliada, festa e teatro na Pobra do Brollón

Aproveitando o patrón da parroquia, San Xurxo, a de Eixón será unha foliada con...

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...