HomeCultura13ª edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico na Casa da...

13ª edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico na Casa da Cultura de Monforte

Trátase da primeira Bienal organizada polo Eixo Atlántico tras a pandemia da Covid-19. Destaca a calidade das obras dos 30 artistas que se presentaron a esta edición.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola pola 1ª Tenente de Alcalde do Concello, Gloria Prada, a concelleira de Cultura, Marina Doutón, e o concelleiro de Servizos, José Luís Losada, inaugurou a XIII Bienal de Pintura organizada polo Eixo Atlántico e que acolle a sala de exposicións da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro ata o luns 30 de maio.

O rexedor monfortino destacou que a mostra “é un escaparate perfecto para apreciar a creatividade e sensibilidade de artistas que pertencen os concellos e cidades que integran o Eixo Atlántico”.

Tras 25 anos, a Bienal de Pintura consolídase como unha oportunidade para que os artistas do Eixo Atlántico gocen dun recoñecemento profesional e é unha plataforma de lanzamento de novos pintores da Eurorexión.

Nesta edición os galardóns ascenderon a 4.000 euros para a mellor obra do certame, 2.000 euros para o 2º premio e 1.500 para o Premio Novos Talentos Luso-galaicos.

Obras premiadas

  • 1º Premio Eixo Atlántico: Mellor obra do certame, Tito Senna (Brasil, 1985), coa obra Coração Resiliente
  • 2º Premio Eixo Atlántico, Fruela Alonso Blanco (Lloro, Asturias, 1974), coa obra Betty
  • Premio Xóvenes Talentos Luso-galaicos Eixo Atlántico, Breogán Torres Gutiérrez (Vigo, 1999), coa obra As cancións de mariñeiros que falan de liberdade escríbeas xente de terra.
  • Mención de honra, Javier Pena (Sarria, 1947), coa obra 2D-3D
  • Mención de honra, J. Antonio Castro-Muñiz (Ponferrada, León, 1957), coa obra Con la que esta cayendo.
  • Mención de honra, Ricardo de Campos (Monçao, 1977), coa obra Poéticas do Desejo.
  • Mención de honra, Thomas Apostolou (Grecia, 1985), coa obra Untitled
  • Mención de honra, Raul José de Oliveira Ferreira (Vila Nova de Gaia, 1975), coa obra That was just a dream (diptych)

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...