HomeCulturaVolven as Foliadas Guímaras polas parroquias, o día 4 en Fornelas

Volven as Foliadas Guímaras polas parroquias, o día 4 en Fornelas

As foliadas organizadas polo Concello da Pobra do Brollón volven a xirar polas parroquias despois do parón pola pandemia. Este sábado 4 de xuño tócalle á parroquia de Fornelas, en colaboración coa Asociación Veciñal A Fonte da Freita.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No evento, bautizado polos organizadores como Foligrelo de Fornelas, ofrecerase caldo cortesía da Asociación Veciñal. Ademais haberá barra e cuncas á venda, o importe das cales destinarase ás festas da parroquia.

A foliada estará amenizada por Uns Gaiteiros, grupo formado por músicos da Pobra ou afíns. Ademais, por suposto, de calquera persoa que queira participar co seu instrumento.

O ciclo de foliadas guímaras polas parroquias é unha iniciativa municipal que naceu en 2019 coa idea de descentralizar a programación cultural dinamizando os locais sociais repartidos polo municipio.

Tras celebrarse en Salcedo, Óutara e A Ferreirúa, este “foligrelo” é a primeira foliada descentralizada que se celebra dende o parón pola pandemia.

A foliada será no local social en construción de Fornelas. Comezará a partir das 19:00 horas e o acceso é totalmente libre. En caso de chuvia, haberá un novo emprazamento en Fornelas, do que se informará nas redes sociais do Concello da Pobra do Brollón.

ÚLTIMAS

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...