HomesociedadeVariada programación cultural e deportiva no Saviñao

Variada programación cultural e deportiva no Saviñao

O concello do Saviñao desenvolve entre outubro e xuño do 2019 unha variada programación de actividades deportivas e culturais. As persoas interesadas deben de inscribirse antes do 28 de setembro.

Publicado o

- Advertisement -

A programación infantil recolle dentro das actividades deportivas, pádel, iniciación á patinaxe, fútbol, golf, voleibol, natación, ioga infantil, paddle surf e piragüismo. As actividades náuticas levaranse a cabo na Praia da Cova e para natación e golf desprazarase aos participantes a Chantada e Pantón, respectivamente.

Dentro da programación cultural infantil contarán con: gaita e percusión, manualidades, informática, pintura e debuxo, teatro, mecanografía, pequechef, plan madruga, contacontos que terá lugar todos os venres de mes na biblioteca e aula lúdica para que os cativos poidan quedarse no colexio despois do horario escolar e facer as tarefas escolares.

A programación para adultos inclúe dentro das actividades deportivas: pádel, minigym, aerobic, golf, pilates, ximnasia de mantemento, ioga e pádel surf e piragüismo na contorna da Cova. Entre as actividades culturais para adultos ofértase: fotografía, uso do teléfono móbil, gaita e percusión, pintura, manualidades, costura, teatro de adultos, taller de memoria, informática, cociña tradicional e iniciación ao photoshop.

Anuncian desde o concello que as actividades con suficiente demanda impartiranse tamén en Currelos.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...