HomeCulturaEl Semblante, Covid Love e Canibalismo, mellores curtas do Fancine de Lemos

El Semblante, Covid Love e Canibalismo, mellores curtas do Fancine de Lemos

A oitava edición do FanCine de Lemos celebrou a súa gala de clausura, onte sábado, na adega Algueira, no concello de Sober. Na gala entregáronse os premios ás curtas gañadoras seleccionadas polo xurado formado polo actor Chechu Salgado, a actriz Sabela Arán e o director do Sombra Festival, Javier García.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O acto que o Fancine de Lemos celebreba este 9 de xullo culminou unha tarde de programación para amantes do cine fantástico, coa proxección dunha sesión de curtas a concurso, ademais dunha mesa redonda con Xavi Pons sobre a era dos videoclubes. A actriz, Beatriz Serén, presentaría o acto de clausura no que estiveron presentes as autoridades dos tres Concellos implicados este ano no FanCine de Lemos,  Monforte de Lemos, Sober e A Pobra do Brollón, así como da Deputación de Lugo.

As curtas galardoadas foron:

  • O premio a mellor curtametraxe nacional foi para El Semblante. Foi recibido por Carlos Moriano, un dos directores xunto con Raúl Cerezo.
  • A mellor curtametraxe internacional foi Covid Love. O seu director, Rene Nuijens, estivo presente na gala a distancia a través dunha conexión telemática.
  • O premio a mellor curtametraxe galega foi recibida por Diego Aballe, Amanda Seijas e Fran Nogueira, os directores de Canibalismo.
  • Ademais, a curta Loop de Pablo Polledri recibiu unha mención especial. O xurado salientou da peza “a súa visión dunha sociedade que entra en bucle contada no formato da animación tradicional”.

O xurado valorou en xeral o “altísimo nivel das curtas finalistas” e a dificultade que supuxo para seleccionar as gañadoras. As curtas gañadoras proxectáronse este domingo pola tarde na Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte. E a programación completábase en Multicines Hollywood coas dúas últimas proxeccións desta oitava edición do FanCine, o filme de anime xaponés Belle, de Mamoru Hosada e a estrea en España de Feral do mexicano Andrés Kaiser.

Papel do audiovisual na economía

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, destacou no acto de clausura, o papel do audiovisual lucense como motor económico para a provincia. A cita, que conta cunha achega da institución provincial de 5.000€, xa é un referente do cine fantástico e de terror na súa oitava edición. .

“Fomentar as rodaxes de cine na provincia, como estamos a facer dende a Deputación de Lugo, supón crear actividade económica nos concellos, potenciar e difundir a súa imaxe no exterior e xerar un efecto chamada no turismo”, destacou o Presidente.

Tomé clausura Fancine / Deputación Provincial

José Tomé valorou que un ano máis o Fancine de Lemos “foi un escaparate da cultura, do cine e dos videoxogos. Recuperamos o pracer de ver películas e curtas ao aire libre, de lembrar longametraxes que foron éxitos fai anos e de achegarnos ás novas producións”. Tamén felicitou a Iván Patiño porque, “co seu traballo, non só fai realidade este Festival, senón que o está consolidando como unha cita imprescindible no mapa audiovisual galego e nacional”.

Destacou o Presidente a colaboración que a Deputación de Lugo presta ao sector audiovisual e lembrou que “nos últimos dez anos, dende a institución provincial colaboramos cunha trintena de películas, de series, de documentais e de curtas. Creacións, algunhas delas, que foron rodadas aquí na Ribeira Sacra, e que se están proxectando nas pantallas de toda España, como Life is Live, do director monfortino Dani de la Torre”.

ÚLTIMAS

Concentracións no Centro de Saúde de Monforte polas agresións verbais ao persoal

Co lema “Coida a quen te coida. Stop agresións”, demandan rematar coa violencia verbal...

Xornadas de Tecnoloxía no IES Daviña Rey de Monforte

O IES Daviña Rey acolle unha nova edición das Xornadas de Tecnoloxía, evento que...

7 establecementos participan no Concurso de Tapas de Taboada que se celebra os días 13 e 14 de marzo

O concurso terá lugar os días 13 (venres) e 14 (sábado) de marzo con...

Paulino Fierro Cadórniga: “O regreso desde a India non foi sinxelo, de súpeto había unha guerra entre eu e o meu fogar”

O que nos levan demostrado as guerras é que son imprevisibles, están fóra de...