HomeCulturaFolk no Camiño Fest do 22 ao 24 de xullo en Sarria

Folk no Camiño Fest do 22 ao 24 de xullo en Sarria

A Xunta de Galicia apoia o festival Folk no Camiño Fest, que se celebrará na praza da Vila de Sarria neste mes de xullo, durante a fin de semana do 22 ao 24. O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, participou este mércores na presentación da iniciativa xunto co promotor, Eloi Caldeiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A programación arrinca o día 22 ás 23.30 horas coa actuación do grupo catalán Ros. O sábado 23 de xullo tocarán o canario Miguel Afonso e os galegos Brath a partir das 23:00 horas. Pecharán o festival o domingo 24 as actuacións de Manuel Luna e Brena la Música, de Cantabria; e a banda Korrontzi, de Euskadi, a partir das 23:00 horas.

Arias apuntou que “este tipo de festivais xogan un papel fundamental na dinamización cultural e turística dos concellos da provincia, en especial no marco deste dobre Ano Santo”.

Nese sentido, salientou a aposta da Xunta por “descentralizar a programación e impulsar ou apoiar actividades que cheguen ao máximo número de localidades e á maior cantidade de xente posible”.

ÚLTIMAS

Os socialistas de Sarria denuncian que “os veciños asumirán o plan económico de Garrido”

Segundo os socialistas, esta subida de impostos "é consecuencia directa do incumprimento da regra...

O 27 de outubro abre a nova Piscina da Pinguela en Monforte de Lemos

Esta tarde, ás 19:00 h. tivo lugar a presentación oficial das novas instalacións da...

Sober retoma polo San Martiño as Festas do Carme, suspendidas polo incendio

O Concello de Sober retomará polo San Martiño, patrón das parroquias á que pertence...

Iago Suárez: “A Xunta utiliza a Ribeira Sacra como atrezzo, pero ignora a xente que vive nela”

O deputado do BNG, Iago Suárez, reclamou esta semana na Comisión de Cultura do...