HomeCulturaIII Festa do Peregrino en Triacastela con pregón do xornalista, Manuel F....

III Festa do Peregrino en Triacastela con pregón do xornalista, Manuel F. Rodríguez

Contouse cunha vintena de postos de artesanía e de produtos gastronómicos da zona e contouse cun obradoiro creativo, un taller de impresión de papel e un espectáculo de títeres, ademais da actuación musical de Sound Sisters.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Festa do Peregrino de Triacastela deu comezo este sábado coa apertura dunha exposición sobre Cova de Eirós a cargo do fotógrafo, José Salgado, que se pode visitar na Fonte do Lunar.

O xornalista de Sarria, Manuel F. Rodríguez, encargouse do pregón desta edición, dixo respectar “a cantas persoas realizan a ruta xacobea, sexa polo motivo que sexa e desde onde sexa, incluídas aquelas que escollen realizar só os seus últimos 100 km. Respéctoos porque é unha cuestión de liberdade. Que vaia isto por diante. Pero sinto pena que na actualidade a maioría deses peregrinos, aínda podendo, realicen esta ruta só desde a miña querida Sarria. Non é só que o Camiño de Santiago teño historicamente un sentido alleo por completo a iso. É tamén canto se perden antes! Entre outras cousas, esta Triacastela única, esta primeira conexión plena con Galicia”.(…) “Non podemos perder o sentido do Camiño como unha vía transversal por Europa cuns valores únicos no mundo. Un Camiño sempre aberto”, expuxo o xornalista quen eloxiou unha Triacastela cuns veciños e veciñas hospitalarias das que deron conta ao longo dos séculos números peregrinos nos seus libros e escritos.

Triacastela 3ª Festa do Peregrino pregón / concello de Triacastela

No acto tamén se lle rendeu homenaxe póstuma a dous artistas da zona; ao escultor en madeira, José Luis López Río, autodidacta, creador e investigador de formas polo seu enorme labor e a súa contribución á difusión da cultura e os procesos creativos, e ao cesteiro, Jesús García Gómez, un dos representantes máis sobranceiros desta mestría na Serra do Oribio pola súa contribución á difusión do saber facer tradicional.

Para continuar unha moza italiana pertencente aos voluntarios internacionais polo corpo europeo de solidariedade ‘Xuntos Xacobeando’ leu un poema. A esta intervención seguiuna a presentación do libro ‘Breicar no Camiño de Santiago’ da veciña de Triacastela, Mirella López Díaz.

ÚLTIMAS

O BNG de Monforte leva a pleno un punto de información turística na Compañía

Explican os nacionalistas que o tramo da rúa Doutor Casares máis próximo ao centro...

Mario Obrero presenta o libro ‘Con e de curcuspín’ este 26 de maio na Pobra do Brollón

Con e de curcuspín é un ensaio no que a reflexión lingüístico-literaria mestúrase coa...

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...

O IES A Pinguela participou nas ‘Rutas Científicas, Artísticas e Literarias’ do Ministerio de Educación

23 alumnos de 2º ESO A+B do IES A Pinguela remataron a súa participación...