InicioCulturaMonforte prepara unhas patronais 2022 "para recordar"

Monforte prepara unhas patronais 2022 “para recordar”

No mes de maio o concello anunciaba os concertos musicais das festas e sinalou o alcalde que “estamos convencidos de que os concertos programados van ser capaces de encher o recinto das Festas, debido á calidade das actuacións e tamén debido ó variado dos estilos musicais”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, deu a coñecer na mañá deste mércores o programa completo das Festas Patronais 2022, que se van celebrar do 11 ó 16 de agosto na cidade .

Despois de dous anos sen Patronais Monforte volve a celebrar as súas Festas “que volven por todo o alto, e creo que van ser unhas festas para recordar”, destacou o Alcalde “porque volven despois da pandemia; porque vai haber máis días de festa, unha excepción que nunca houbo; e polo programa que está preparado para as Festas, cheo de concertos gratuítos, os fogos de San Vicente e do Río, pasarrúas (…)”

O día do Pregón será o día 10 de agosto, a cargo de Margarita Rodríguez Otero, e nesa xornada haberá concerto de Rocío Caamaño ás 22.30, na Praza de España.

-Xoves día 11:

  • Orquestra PANORAMA
  • Orquestra FINISTERRE
  • Concerto de MARÍA DO CEO na Praza de España, co seu espectáculo “A Fadista”.

-Venres día 12:

  • LA OREJA DE VAN GOGH
  • Orquestra LOS SATÉLITES

-Sábado día 13:

  • EDURNE 
  • GIN TONI´S
  • MALENNE.

-Domingo día 14:

  • ROSARIO
  • Orquestra LOS PLAYER`S

-Luns día 15:

  • FOGOS ARTIFICIAIS DENDE SAN VICENTE
  • ANA MENA
  • Orquestra COSTA DORADA

-Martes día 16:

  • FOGOS ARTIFICIAIS DO RÍO CABE.
  • MAGO DE OZ
  • Orquestra ACORDES
Patronais 2022 / concello de Monforte

Tamén durante a celebración das Festas Patronais, terán lugar as actuacións, entre outros, do Grupo de Batucada Creativa, do Grupo de Gaitas e Pandereteiras Os Xograres de Lemos, do grupo de Batucada Baturruca, e da Asociación Cultural Amigos da Pandeireta, todos eles de Monforte, que amenizarán con pasarrúas as tardes dos días 11, 12, 13 e 16 de agosto.

O luns 15, terá lugar o Día do Gaiteiro, no que alboradas de grupos de gaitas sairán pola mañá e percorrerán diferentes rúas da cidade. Pola tarde, na Praza de España terá lugar a Mostra de Danza e Música Tradicional. En ambos casos, a maioría de grupos de gaitas e de danza son de Monforte.

Programa do verán cultural

O Alcalde destacou as principais novidades do Verán Cultural:

Gala Máxica Galega. O domingo 7 de agosto terá lugar esta gala de maxia, na praza de España, a partir das 22:30 h, coas actuacións do Mago Rafa e o Mago Iago entre outros.

Grupos de Monforte: Concertos na Rúa, Unha das principais novidades do Programa de Verán deste ano, será este ciclo de concertos, “no que apostamos decididamente por darlle protagonismo ós grupos monfortinos”.

  • luns día 8 de agosto: Cero2cero e Cool Flanders, na zona da Compañía.
  • martes 9 de agosto: Los Jinetes del Trópico, na Praza de España.
  • martes 23 de agosto: Dinosaurios e Doc Magoo’s, na Praza da Estación.
  • mércores 24: Penny Lane e Movilla y Los Irrepetibles, na Zona da Compañía.
  • xoves 1 de setembro: The Poet Silence, na Praza da Estación.
  • venres 2 de setembro: Ad Heira Liti e Deloreans, na Praza de España

Concertos en colaboración coa Deputación de Lugo que desenvolveranse na Praza de España:

  • venres 12 de agosto: Banda de música de Vilalba
  • s´ábado 13 de agosto: concerto do grupo monfortino Vera Lynn
  • domingo 14 de agosto: Banda de Música de Antas de Ulla.
  • martes 16 de agosto: Baile-concerto Banda de Acordeóns O Folión.

VIII Festival Cómico Festivo “A Rúa é Vosa. Desenvolverase paralelamente ó longo das Festas Patronais, concretamente do 11 ó 16 de agosto, e terá como escenarios a Praza de España e a rúa Cardenal. O programa do festival contará coa participación de 8 grupos, e os protagonistas serán a música, a maxia, as acrobacias aéreas, o clown, os monicreques, o mimo, o circo e a danza.

Monforte Fusión. Outro dos ciclos que será novidade este ano, e no que tamén colabora a Deputación de Lugo, será o adicado a música de fusión, no que a música lixeira, o jazz, o tango, o bolero, a bossa nova, o funky, o soft rock ou o swing serán os estilos protagonistas. Terá lugar do 18 ó 20 de agosto, e os espazos que o acollerán serán a Praza de Abastos, a praza de Doutor Goyanes, a rúa do Cardenal, a praza dos Chaos, o Barrio da Estación, a Compañía e a Praza de España.

Ademais destas novidades, no programa de Verán Cultural non faltarán citas que xa son habituais nel como:

  • Os Paseos en Barca polo Cabe, durante os meses de xullo, agosto e setembro.
  • A Exposición de Carteis do XXVII do Concurso de deseño de carteis das Festas Patronais, do 18 de xullo ó 16 de agosto.
  • A 22ª Mostra Artelemos, do 5 ó 9 de agosto.
  • O Festival Carude Rock, o 5 de agosto.
  • A Feira de Oportunidades de Verán, o 20 e 21 de agosto.
  • A Festa da Empanada de Ribasaltas, o 21 de agosto.
  • A XXIII Feira do Libro de Monforte, do 24 ó 27 de agosto.
  • O venres 2 de setembro o Concello conmemorará o 25 aniversario da Coral Polifónica do Concello de Monforte, cunha serie de actos que anunciaremos no seu momento.
  • O XXI Festival de Habaneras  e o Festival do Paradiso, ambos o sábado 3 de setembro.
  • A Xornada Europea da Cultura Xudía, o 4 de setembro.
  • E a Festa do San Mateo o mércores 21 de setembro, que pechará o Programa Cultural de Verán.

“Tanto as Festas Patronais como o Programa de Verán son un revulsivo económico que permite que moitas pequenas empresas garantan a súa pervivencia pola actividade económica que desenvolven durante o verán, especialmente durante as Festas Patronais”, destacou o alcalde.

O rexedor monfortino sinalou que “Creo que este ano, as Festas Patronais teñen probablemente o mellor programa musical en moitos anos, tanto no que se refire ós concertos, como o que se refire ás orquestras que acompañan ás actuacións principais, que os veciños e veciñas de Monforte e de fóra da cidade teñan a certeza de que hai unha liña de continuidade relativa á variedade e á calidade das nosas Festas, liña que recuperamos tras o parón de dous anos motivado pola pandemia”.

José Tomé concluíu a súa intervención desexando a todos os monfortinos e monfortinas unhas felices Festas, e tamén a todos aqueles que visitan o Concello, e animounos a todos a participar e a disfrutar activamente nelas.

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...