HomeCultura“Extraordinario” do escritor monfortino, Antón Lopo, gañadora da XII edición do...

“Extraordinario” do escritor monfortino, Antón Lopo, gañadora da XII edición do Premio Narrativa Breve Repsol

A esta XII edición do Premio Narrativa Breve Repsol presentáronse 28 obras orixinais e inéditas de entre 50 e 120 folios. A entrega do premio, consistente en 12.000 euros e a edición da obra, será a finais de ano nun acto público que se celebrará na Coruña.

Publicado o

- Advertisement -

O voceiro do xurado destacou de Extraordinario, a riqueza léxica e os valores  estilísticos relacionados coa sintaxe, que se visualizan a miúdo a través dunha puntuación orixinal. Babarro engadiu que “o uso da primeira persoa, a distribución do texto en noventa notas de desigual extensión e o ritmo narrativo conseguido facilitan a lectura e acaban atrapando o lector”.

O xurado do XII Premio Narrativa Breve Repsol define a Extraordinario como unha novela sólida, atractiva e ben narrada, cunha riqueza temática que se complementa con recursos de tipo irónico e humorístico.

O autor premiado, Antón Lopo, naceu no 61 en Monforte de Lemos, escritor, xornalista e editor, foi durante máis de vinte anos coordinador da Revista das Letras. Algúns dos títulos do escritor son As reliquias(1991), coa que gañou o Premio Café De catro a catro; O riso de Isobel Hill(2000); Ganga(2001); e Obediencia(2010), coa que obtivo o Premio Manuel García Barros. Como poeta é autor de Sucios e desexados(1987), Manual de masoquistas (1990), A sombra dos rapaces mexando(1995), O libro dos amados (1996), OM (1996) e Pronomes(1998).

No 2016 Antón Lopo funda canda outros cinco autores a librería compostelá Chan da Pólvora e a editorial homónima.

 

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...